headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Recoñecemento de créditos académicos en estudos de Grao

Presentación da solicitude e documentación para o recoñecemento de créditos en estudos de Grao, de maneira que formen parte do expediente académico para a obtención do Título.

Aplícase ao recoñecemento de :

·         Estudos universitarios oficiais, cursados tanto na Universidade de Vigo como noutras universidades.

·         Ensinanzas Superiores non universitarias.

·         Ensinanzas Universitarias non oficiais.

·         Experiencia laboral ou profesional.

Estudantes de Grao matriculados na Universidade de Vigo.

  1. Premer no botón de Iniciar tramitaciónvisible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. No apartado de Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar ben unha dirección electrónica válida.
  3. Pulsar a pestana Formularios esixidos.
  4. Descargar o Formulario específico e cumprimentar os datos requiridos (Teña en conta que se cubre a instancia antes de descargala no escritorio non se gardarán os datos.).
  5. Na pestana Documentación obrigatoria, anexar o Formulario específico, e na de Outros documentos, o resto da documentación requirida no procedemento segundo o tipo de estudos ou actividades a recoñecer.
  6. Prema o botón Enviar solicitude. Pulsar o recadro “Si” da ventá de Confirmación de datospara finalizar o trámite de solicitude.
  7. Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

  1. Formulario específico, que atopará no último apartado deste documento.
  2. O alumnado que pida o recoñecemento de estudos universitarios oficiais realizados na Universidade de Vigo non terá que presentar ningunha documentación de tipo académico.
  3. No caso de recoñecemento de estudos universitarios oficiais realizados noutras Universidades:
  • Certificación académica expedida pola Universidade de orixe.
  • Programas ou guías docentes de cada unha das materias (seladas ou con código de verificación) correspondentes ao curso académico no que foron superadas.
  1. No caso doutros estudos ou actividades, é precisa a certificación na que se acredite a súa realización.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Persoal das áreas académicas de grao das Facultades e das Escolas (secretarías de alumnado)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dependendo da convocatoria:

·         Prazo xeral: nos meses de xuño, xullo e agosto.

·         Matrícula no mes de setembro: ata o 30 de setembro.

·         Matrícula no mes de outubro: ata o 31 de outubro.

·         Convocatoria de prazas sobrantes: nas mesmas datas de formalización da matrícula.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

·         Prazo xeral: antes do 30 de setembro.

·         Matrícula no mes de setembro: antes do 31 de outubro.

·         Matrícula no mes de outubro e convocatoria de prazas sobrantes: antes do 30 de novembro.

SENTIDO DO SILENCIO

Estimatorio.

NORMATIVA APLICABLE




Volver