A Sede electrónica da Universidade de Vigo estará dispoñible todos os días do ano, durante as vinte e catro horas do día, sen prexuízo das interrupcións técnicas que sexan imprescindibles.
Considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais. Para o ano 2023, na Universidade de Vigo, son os que figuran na instrución xerencial sobre calendario laboral.
RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024 relativa á declaración de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos nos procedementos administrativos
A lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas dispón no seu artigo 31.2 "O rexistro electrónico de cada Administración ou Organismo rexirase a efectos do cómputo de prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade precisas para garantir a súa integridade e figurar de xeito accesible e visible.
O artigo 4.1 da resolución de 2 de maio de 2019 pola que se publica o Regulamento da sede electrónica da Universidade de Vigo sinala que esta sede rexirase pola data e hora oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Conforme ás previsións legais, a sincronización da data e hora da sede realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada. Esta data e hora é a que rexe a efectos de cómputo dos prazos, tanto para os interesados como para a Universidade de Vigo, nos procedementos administrativos que se tramiten a través do Rexistro Electrónico. Esta data e hora podería non coincidir coas do equipo dende o cal efectúa o trámite. Faise preciso actualizalas cando desexe ter certeza da data e hora con precisión.
A data e hora oficial é a seguinte: