headerheader-400header-800

Aviso legal

De conformidade co artigo 38.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, "o establecemento dunha sede electrónica comporta a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través da mesma".

O uso da Sede electrónica da Universidade de Vigo implica o coñecemento e plena aceptación das advertencias legais e condicións que a continuación se especifican.

A Universidade de Vigo resérvase o dereito para realizar os cambios que procedan na Sede sen previo aviso, a fin de actualizar, corrixir, engadir ou modificar os seus contidos ou o seu deseño. En todo caso, non se responsabiliza dos contidos que terceiras partes poidan incluír nos hipervínculos ou ligazóns a apartados aloxados nesta Sede.

Esta Sede contén ligazóns a outras páxinas web por imperativo legal ou porque considera que poden ser do seu interese. Con todo, ditas páxinas non lle pertencen, nin fai unha revisión dos seus contidos, polo que non pode facerse responsable dos mesmos nin do funcionamento das devanditas páxinas.

Establecéronse na Sede os medios necesarios para que o cidadán coñeza se a información ou servizo ao que accede corresponde á propia Sede ou a un punto de acceso que non ten o carácter de Sede ou a un terceiro. Neste sentido, nas ligazóns da Sede electrónica avísase ao usuario se o acceso aos mesmos significa o abandono da propia Sede.


Propiedade Intelectual

Esta Sede electrónica é propiedade da Universidade de Vigo.


Protección de datos de carácter persoal

A recollida e o tratamento de datos persoais nesta Sede electrónica realízase no exercicio das funcións propias da Universidade de Vigo no ámbito da súa competencia non estando prevista cesións a terceiros salvo as contempladas na lexislación aplicable e con suxeción ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE, na normativa española de protección de datos de carácter persoal e na normativa propia da Universidade de Vigo.

Os datos facilitados polos interesados nos formularios e documentos que tramiten a través do Rexistro Electrónico utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación correspondente.

O usuario ou a usuaria poderá exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade dos datos fornecidos para calquera dos procedementos e servizos dispostos nesta sede. Para iso deberá dirixir unha solicitude á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, asinada e presentada no rexistro da Universidade de Vigo ou ante algún dos rexistros ou oficina de correos aos que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A persoa interesada poderá utilizar o formulario dispoñible na páxina web da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/proteccion-datos