headerheader-400header-800

Descrición da Sede

Identificación da Sede

A Sede da Universidade de Vigo está dispoñible a través do enderezo electrónico https://sede.uvigo.gal.

Segundo o artigo 38.6 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, as sedes electrónicas empregarán, para identificarse e garantir unha comunicación segura con elas, certificados recoñecidos ou cualificados de autenticación de sitio web ou medio equivalente. Dando cumprimento a este artigo, a Sede electrónica da Universidade de Vigo emprega para identificarse e garantir unha comunicación segura un certificado de autenticación de sitio web emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT - RCM) que permite:

  • Identificar o portal https://sede.uvigo.gal como a Sede electrónica da Universidade de Vigo.
  • Garantir as comunicacións seguras: toda a información intercambiada entre calquera persoa que acceda á Sede e a propia Sede está cifrada.


Certificados da Sede


Verificación

A Universidade de Vigo, na súa Sede electrónica, utilizará os seguintes certificados electrónicos:

  • Certificado de Sede electrónica:

Número de serie: 3ca07aa05d7c33476229affe71eb7186

Prestador de Servicios que emite o certificado: CN = AC Administración Pública SERIALNUMBER =Q2826004J OU =GEANT OV RSA CA 4

Periodo de Validez do certificado: 31 de mayo de 2022, 2:00:00  ata ‎1 de junio de 2023, 1:59:59

Pegada dixital (SHA256):B4 52 18 94 CC 62 A5 68 C8 5D CD 05 56 18 F3 FD 50 17 50 42 BC 06 A1 7E B0 E7 AF F0 E7 D6 8A 717

Uso da chave: Sinatura dixital, Cifrado de clave (a0)


  • Certificado de Selo electrónico:


Número de serie: 303eeaff3552a79c619e14032c295d2b

Prestador de Servicios que emite o certificado: CN = AC Administración Pública SERIALNUMBER =Q2826004J OU = CERES O = FNMT-RCM C = ES

Periodo de Validez do certificado: ‎‎‎24‎ de ‎noviembre‎ de ‎2021 11:29:23  – ‎‎24‎ de ‎noviembre‎ de ‎2024 11:29:23

Pegada dixital (SHA256): 12cc0cc9c5b35738d607178a96103f0ce45d73f8

Uso da chave: Sinatura dixital, Sen repudio, Cifrado de clave (a0)


Validación

A validación dos certificados da sede pódese realizar de forma directa e gratuíta a través da plataforma VALIDe (Aplicación de validación de firma e certificados Online e Demostrador de servizos de @firma), un servizo mantido polo Goberno de España.

Valide os certificados desta sede electrónica premendo aquí.

Pode obter máis información sobre VALIDe premendo aquí.

Pode obter máis información sobre os servizos de @firma premendo aquí.

Firma electrónica e certificados admitidos na sede

A Sede electrónica da Universidade de Vigo admite os certificados electrónicos da plataforma Cl@ve (Identidade electrónica para as Administracións) incluídos na "Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación" do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Cl@ve contempla tamén a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos, incluído o DNI-e.

Pode obter unha lista completa dos prestadores aceptados no apartado "DPV e información de certificados soportados" da área Descargas no PAe (Portal de Administración electrónica), premendo aquí.

Pode obter máis información sobre Cl@ve premendo aquí.

Manual para a obtención do certificado de usuario da FNMT