headerheader-400header-800

Protección de datos


Normativa aplicable

Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) https://www.boe.es/doue/2016/119/L00001-00088.pdf

Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) https://www.boe.es/eli/es/lo/2018/12/05/3/con

Responsable do Tratamento

Universidade de Vigo

CIF: Q8650002B

Edificio Exeria

Campus Universitario Lagoas-Marcosende s/n 36310

Vigo  (Pontevedra)

+34 986 813 600

informacion@uvigo.es

Delegado de Protección de Datos

Miguel Ángel Michinel Álvarez

Facultade de Dereito

Campus universitario As Lagoas s/n 32004

Ourense

+34 988 368 834

dpd@uvigo.gal

Finalidade

A Universidade de Vigo unicamente recollerá os datos persoais estritamente necesarios en relación cos fins para os que sexan tratados, de acordo cos principios dispostos no artigo 5 do RXPD e facilitará ás persoas interesadas, no momento en que se obteñan os datos persoais, a información necesaria para garantir un tratamento leal e transparente, de acordo co disposto nos artigos 13 e 14 do RXPD.

As finalidades do tratamento están amparadas principalmente para a prestación do servizo de educación superior que ten encomendada a Universidade de Vigo a través da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades e restante normativa vinculada.

Os datos que recolle a Universidade de Vigo serven aos fins directamente relacionados coas súas competencias e funcións e neste sentido os recollerá, tratará, almacenará e utilizará para levar a cabo as súas relacións co alumnado, antigo alumnado, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, outras persoas usuarias dos servizos que presta, así como provedores e outras persoas físicas ou xurídicas. Ditos datos serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade da Universidade de Vigo.

Lexitimación

A Universidade de Vigo está lexitimada para o tratamento da información persoal de acordo co principio de licitude sinalado no artigo 6 do RXPD e, principalmente para:

  • O cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos. A  maioría dos tratamentos de datos persoais da Universidade de Vigo realízanse conforme a esta base de lexitimación. A Universidade de Vigo forma parte do sector público institucional e, polo tanto, o tratamento dos datos persoais é necesario para a prestación do servizo público de educación superior conferidos pola Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, polos seus Estatutos e polo resto da normativa propia.
  • O cumprimento das diferentes obrigas legais. Hai un número relevante de tratamentos aplicables á Universidade de Vigo para a realización das súas finalidades baseados na aplicación  da normativa do Dereito español ou da Unión Europea.
  • A execución dun contrato no que a persoa interesada sexa parte ou para a aplicación a pedimento desta de medidas precontractuais.
  • Excepcionalmente, pode ter que realizar tratamentos para protexer intereses vitais das persoas interesadas ou doutras persoas físicas.
  • O cumprimento dun interese lexítimo perseguido polo responsable ou por un terceiro: por exemplo, para o correcto mantemento das relacións dos membros da comunidade universitaria coa Universidade de Vigo.
  • Por último, se non se compren os requisitos de lexitimación anteriores, a Universidade de Vigo tratará datos persoais para un ou varios fins específicos cando as persoas interesadas outorguen o seu consentimento.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar da mesma finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

Segundo o tipo de actividades de tratamento de datos que se realicen, a Universidade de Vigo poderá estar obrigada a comunicar información relativa ás persoas interesadas ás distintas Institucións, Organismos ou Entidades públicas ou privadas, incluíndo destinatarios en terceiros países ou organizacións internacionais.

No Rexistro de Actividades de Tratamento se identifican as comunicacións previstas.

Igualmente, os datos persoais poderán ser comunicados a Empresas ou Entidades Colaboradoras, por exemplo para a realización de prácticas externas, de xeito que se non hai autorización á comunicación dos datos nestes supostos, non se poderá prestar o servizo.

Transferencias internacionais de datos

A información persoal que recolle a Universidade de Vigo reside en España, pero é posible que poida ser transferida a países non pertencentes á Unión Europea, por exemplo, no caso dalgúns programas de intercambio. De ser así,  a Universidade de Vigo comprométese a cumprir cos requisitos legais establecidos pola normativa española e da Unión Europea.


Dereitos

Dereito de acceso: A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo confirmación de se están tratando ou non os seus datos persoais, e obter copia dos datos obxecto do tratamento e, entre outros, os seus fins, categorías, destinatarios aos que se comunican ou prazos previstos de conservación.

Dereito de rectificación: A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo, sen dilación indebida, a rectificación dos datos persoais inexactos que lle concirnan. Na solicitude deberase indicar os datos concretos e a corrección que hai que realizar. Cando sexa necesario, deberase aportar a documentación necesaria que xustifique a inexactitude ou o carácter incompleto dos datos.

Dereito de supresión: A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo, sen dilación indebida, a supresión dos seus datos persoais cando concorran determinadas circunstancias, por exemplo, se os datos persoais xa non son necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos, se o tratamento baseouse no consentimento e retira o mesmo, se houbo oposición ao tratamento fundamentado no interese lexítimo ou no cumprimento dunha misión de interese público, se os datos foron tratados ilicitamente ou deberían suprimirse en cumprimento dunha obrigación legal.

Dereito á limitación do tratamento: A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo a limitación do tratamento dos datos cando se impugne a exactitude dos mesmos ou se opoña ao tratamento, durante o prazo de verificación dos motivos. Ou cando o tratamento sexa ilícito e a persoa interesada oponse á supresión ou os necesite para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións.

Dereito á portabilidade: Cando o tratamento se efectúa por medios automatizados, a persoa interesada terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban que lle facilitara a Universidade de Vigo nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica e interoperable, e poderá transmitilos a outro responsable do tratamento sen que o impida a Universidade de Vigo cando o tratamento estea lexitimado no seu consentimento ou no marco da execución dun contrato.

Dereito de oposición: A persoa interesada terá dereito a opoñerse en calquera momento, por motivos relacionados coa súa situación particular, a que os seus datos persoais sexan obxecto dun tratamento baseado no disposto no artigo 6.1 letras e) ou f) do RXPD (nunha misión de interese público ou en interese lexítimo), incluída a elaboración de perfís. A Universidade de Vigo deixará de tratar os datos salvo que acredite motivos imperiosos que prevalezan sobre os intereses, dereitos e liberdades da persoa interesada, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións

Para mais información pode consultar a web da Universidade de Vigo. https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Exercicio dos dereitos

Estes dereitos teñen carácter persoalísimo e poderán exercelos as persoas físicas, en tanto titulares dos seus datos persoais sen coste algún. Tamén poderán exercitarse a través dun representante, designado expresamente para o exercicio do dereito.

A solicitude diríxese ao Reitor da Universidade de Vigo que ten a competencia para resolver, sendo a Secretaría Xeral o órgano que tramita o procedemento.

Será presentada polos seguintes medios:

  • Electronicamente: a través da sede electrónica da Universidade de Vigo polo “Procedemento para o exercicio dos dereitos de protección de datos persoais”.
  • Presencialmente: mediante solicitude escrita presentada ante a Oficina de Asistencia en materia de Rexistro da Universidade de Vigo ou ante algún dos rexistros ou oficina de correos aos que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A estes efectos, a persoa interesada poderá descargar e asinar o formulario dispoñible no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3636
  • En todo caso poderá dirixir a súa solicitude á delegada de protección de datos da Universidade de Vigo

No caso de representación, deberase xuntar á solicitude o documento acreditativo do seu outorgamento e da persoa que o representa.

Cando proceda, aportaranse os documentos acreditativos da petición.

A efectos de comprobación de identidade, serán obxecto de consulta por parte da Universidade de Vigo do documento nacional de identidade da persoa interesada ou da persoa representante. No caso de oposición a dita consulta deberá indicarse no recadro correspondente na solicitude e achegar unha copia do documento.

Se a solicitude se realiza presencialmente, débese xuntar unha fotocopia do DNI a efectos de identificación.

O prazo para resolver o procedemento é dun mes, a contar desde a recepción da solicitude. En función da complexidade e o número de solicitudes o citado prazo poderá prorrogarse outros dos meses.

Así mesmo, pode presentarse unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, especialmente cando a persoa interesada non estea satisfeita coa resposta do exercicio dos seus dereitos. https://www.aepd.es/

Seguridade da Información

A Universidade de Vigo comprométese a protexer os datos persoais aplicando as medidas de seguridade necesarias de acordo coa súa Política de Seguridade da Información. Terá en conta o estado da técnica, os custes de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas interesadas. Tanto a Universidade de Vigo como os diferentes encargados do tratamento aplicarán medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco e conforme ao recollido no artigo 32 do RXPD.

INFORMACIÓN ADICIONAL

https://www.uvigo.gal/proteccion-datos