headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Continuación de estudos por incumprimento da normativa de permanencia e progreso en estudos de grao

Solicitude de continuación de estudos por incumprimento da normativa de permanencia e progreso en estudos de grao.

  1. Alumnado matriculado no primeiro curso e de novo ingreso en estudo de grao na Universidade de Vigo que acceda a través de calquer proceso de admisión (excepto curso ponte), que no supere 6 créditos, segundo o artigo 5 da normativa de permanencia e progreso.
  2. Alumnado matriculado en estudos de grao na Universidade de Vigo que esgote catro convocatorias nunha ou máis materias, segundo o artigo 9.2. da normativa de permanencia e progreso
  3. Alumnado matriculado en estudos de grao na Universidade de Vigo que esgotara o número máximo de matrículas (15) sen obter ningún título.
  1. Pulsar no botón Iniciar tramitación, visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que é o medio polo que van facer os avisos das devanditas notificacións.
  3. Na apartado Documentación, anexar escrito explicativo que xustifique o baixo rendemento académico e documentación acreditativa. (En formato .PDF).
  4. Presione o botón Enviar Solicitude.
  5. Pulsar o recadro “Se” da xanela de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
  6. Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

De forma excepcional as persoas de nacionalidade extracomunitaria sen residencia en España poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o que deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

Escrito explicativo que xustifique o baixo rendemento académico e documentación acreditativa como informes médicos, vida laboral ou contratos de traballo, ou calquera outro documento que se expoña no escrito.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O Servizo de Xestión de Estudos de Grao.

soporte.grao@uvigo.gal

986813607

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 21 de xullo ao 30 de setembro de 2025.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Desde o inicio do prazo ata o 11 de outubro de 2025.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster

Convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas enseñanzas de grao


Volver