headerheader-400header-800
Volver

SPDI - Convocatoria de quinquenios 2024 (Avaliación da actividade docente)

Solicitude da actividade docente desenvolvida durante un período de cinco anos en réxime de dedicación a tempo completo ou equivalente se se prestou en réxime de dedicación a tempo parcial.

  • O persoal funcionario de carreira ou interino dos corpos docentes universitarios,
  • o profesorado contratado doutor fixo ou interino,
  • o profesorado permanente laboral fixo ou interino,
  • e o profesorado axudante doutor,

en servizo activo e réxime de dedicación a tempo completo que presten servizos nesta universidade e cumpran dentro do ano 2024 cinco anos de servizos docentes sen avaliar a tempo completo, ou período equivalente se se prestou en réxime de dedicación a tempo parcial,

  • e persoal docente a tempo parcial

que preste servizos nesta universidade a tempo parcial, os cales poderán someter a avaliación a súa actividade docente, aínda que os correspondentes efectos económicos se xerarán soamente a partires do momento no que pasen a prestar servizos na Uvigo como parte do cadro de persoal a tempo completo.

Así mesmo, o persoal que a 31 de decembro de 2024 se atope en situación de servizos especiais, excedencia voluntaria ou calquera outra situación de excedencia que dea dereito á reserva de posto de traballo, poderá presentar a solicitude de avaliación docente, aínda que os dereitos económicos non se xerarán ata o momento do seu reingreso na UVigo en réxime de dedicación a tempo completo.

1. Premer no botón "iniciar tramitación" visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida.

3. Ánexar os documentos que corresponda do apartado "Documentación requerida"

- Documentación obrigatoria:

  • "Solicitude": "Anexo I. Avaliacion docente ano 2024"

- Documentación xustificativa que corresponda:

  • Servizos Docentes Universidades Públicas
  • Servizos Docentes Programas e Bolsas
  • Outros Servizos Docentes

- Outros documentos: poderá achegar os documentos adicionais que considere

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

 Servizo de Persoal Docente Investigador, correo electrónico. quinquenios@uvigo.gal

Teléfonos 986 818739 - 986 813580 - 986 813572 -

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O inicio do procedemento comezará a partir do día seguinte á publicación da convocatoria e ata o 31 de xaneiro de 2025.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 25.1.a) da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Normativa, procedemento e efectos da avaliación da actividade docente (Quinquenios)

MANUAIS:

Ver apartado "Normativa" abaixo indicado.

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente a documentación completa do procedemento de avaliación, a presente información non ten valor xurídico.


Volver