headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Anulación total de matrícula para estudantes de grao


Solicitude de anulación das materias matriculadas nunha titulación de grao.


Estudantes con matrícula formalizada no curso 2025/2026 nunha titulación de grao da UVigo.

  1. Prema o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. No apartado Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar un enderezo electrónico válido.
  3. No apartado Documentación, achegar a documentación en formato PDF que corresponda.
  4. Prema o botón Enviar solicitud.
  5. Prema o cadrado <<Si>> da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite da solicitude.
  6. Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada, prema na lapela Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

De forma excepcional para este procedemento, só as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o que deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal con suficiente antelación ao día de peche do prazo de presentación.

Nas solicitudes presentadas ata o 15 de outubro de 2025 será necesario achegar documentación nos seguintes casos:

  • Resolución de recolocación da CiUG.
  • Resolución reitoral de matrícula fóra de prazo.

Nas solicitudes presentadas entre o 16 de outubro de 2025 e o 30 de abril de 2026, será necesario presentar algún(s) dos seguintes documentos segundo o caso no que se atope, conforme ao establecido no punto 2.7.2.2 da convocatoria de matrícula de estudos de grao:

  • Xustificante da solicitude de admisión noutra titulación.
  • Xustificante de matrícula noutra titulación.
  • Resolución denegatoria de visado.
  • Informe no que se xustifique a data de inicio da circunstancia e que esta impide o seguimento das clases teóricas e prácticas e a realización das probas de avaliación.
  • Resolución de recoñecementos.
  • Resolución de recolocación da CiUG.
  • Resolución desfavorable de cambio de dedicación a tempo parcial.

OBSERVACIÓN IMPORTANTE NA TRAMITACIÓN

A concesión da anulación total de matrícula non implica a exoneración dos importes por servizos administrativos xerados no momento de formalizar a matrícula, polo que se instará a facer efectivo mediante unha nova folla de liquidación que se achegará á resolución a quen non teña pagados os importes de obrigado pagamento. De non facer efectiva a débeda contraída iniciarase o procedemento de constrinximento sobre o patrimonio de obrigado ao pagamento, consonte a normativa vixente.

Impedimento para a concesión: Para que se poida conceder a petición de anulación total de matrícula non se poderá incorrer nalgún dos los impedimentos establecidos no apartado 2.7.1 establecidos na convocatoria anual de matrícula.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O Servizo de Xestión de Estudos de Grao (986813607/soporte.grao@uvigo.es)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 09 de xullo e permanecerá aberto ata o 15 de outubro ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para cada curso académico.


Volver
Iniciar tramitación