Premer no botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
No apartado Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
Preme no botón Enviar solicitud.
Pulsar o recuadro Si da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada prema a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extracomunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e cunha antelación mínima de 2 días hábiles á data de fin do prazo de presentación de solicitudes.
Documentación requirida
Non é necesario aportar documentación
Observacións
OBSERVACIÓN IMPORTANTE NA TRAMITACIÓN
A concesión da matrícula fóra de prazo pode supoñer a incorporación con posterioridade ao inicio de actividades xa programadas, o que non xera o dereito a repetir as xa realizadas nin, de selo caso, a ser avaliada ou avaliado en datas distintas das previstas.
Impedimentos para a concesión: Para que se poida conceder a petición de matrícula fóra de prazo non se poderá incorrer nalgún dos impedimentos establecidos no apartado 2.4 da mencionada convocatoria.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Xestión de Estudos de Grao
986813607
soporte.grao@uvigo.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 12 de setembro de 2026 ao 30 de abril de 2027 ás 23:59:59 horas.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.