headerheader-400header-800
Volver

SPAS – PI - Relacións Internacionais - Ampliación de listas.

Proceso selectivo para a ampliación da lista de agarda para atender as necesidades de persoal da escala técnica superior de superior de apoio á docencia e investigación, subescala Relacións Internacionais. Aspirantes por promoción interna.

Persoas que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, mediante o SPAS – PI - Relacións Internacionais - Ampliación de listas, e  achegando a documentación que se describe no punto seguinte.

De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal

Méritos:

a.      Índice: un documento PDF, denominado “indice” no que enumerarán todos os méritos que se xustifican.

b.      Xustificación dos méritos alegados:  Nun único documento PDF, denominado “meritos”.

Se o tamaño o requirise, poderá achegarse máis dun arquivo. Nese caso deberá engadir ao nome dos documentos un número de orde “meritos01”, “meritos02”, segundo corresponda.

c.      Un documento PDF, denominado “idiomas” que conterá a documentación xustificativa do coñecemento de:

                                      i.      Galego (Celga 4 ou superior)

                                    ii.       Inglés (C1 ou superior)

                                  iii.      Castelán (C1; so no caso de persoas con nacionalidade de países cuxo idioma oficial non sexa o castelán)

d.      De ser o caso, solicitude de adaptación e ditame técnico.

No caso de oporse á consulta dos datos de identidade, titulación ou grao de discapacidade, por parte da administración (base 4.1), deberá achegarse a documentación correspondente, en formato PDF, coa denominación “identidade”, “titulación” ou” discapacidade, segundo corresponda

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal de Administración e Servizos

consultapas@uvigo.es

986813762

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende as 00:00 horas do 19 de xullo ata as 23:59 horas do 27 de agosto de 2024.

 

NORMATIVA APLICABLE

·         Lei orgánica 2/2023, del 22 de marzo, do sistema universitario

·         Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto    refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (EBEP)

·         Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia

·         Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

·         Estatutos da Universidade de Vigo.

·         Convocatoria (RR de 18 de xullo de 2024, por la que se convoca un proceso selectivo para a ampliación da lista de agarda da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala Relacións Internacionais).

Volver