A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, mediante o procedemento SPAS – AL - Relacións Internacionais - Ampliación de listas, e achegando a documentación que se describe no punto seguinte.
De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal.
Méritos:
a. Índice: un documento PDF, denominado “indice” no que enumerarán todos os méritos que se xustifican.
b. Xustificación dos méritos alegados: Nun único documento PDF, denominado “meritos”.
Se o tamaño o requirise, poderá achegarse máis dun arquivo. Nese caso deberá engadir ao nome dos documentos un número de orde “meritos01”, “meritos02”, segundo corresponda.
c. Un documento PDF, denominado “idiomas” que conterá a documentación xustificativa do coñecemento de:
i. Galego (Celga 4 ou superior)
ii. Inglés (C1 ou superior)
iii. Castelán (C1; so no caso de persoas con nacionalidade de países cuxo idioma oficial non sexa o castelán)
d. De ser o caso, solicitude de adaptación e ditame técnico.
e. No caso de oporse á consulta dos datos de identidade, titulación ou grao de discapacidade, por parte da administración (base 4.1), deberá achegarse a documentación correspondente, en formato PDF, coa denominación “identidade”, “titulación” ou” discapacidade”, segundo corresponda.