Persoas que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
1. Premer o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2. Identificarse a través dalgún dos sistemas de autenticación permitidos.
3. No apartado de Datos a efectos de notificación, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
4. No apartado de documentación achegar a documentación que corresponda da descrita no apartado documentación requirida.
5. Premer no botón Enviar Solicitude.
6. Pulsar o recadro «Si» da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
7. Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada, prema na pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal cunha antelación mínima de dous días hábiles á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
a. Solicitude de participación no proceso selectivo.
b. Índice: un documento PDF, denominado “indice” no que enumerarán todos os méritos que se xustifican.
c. Xustificación dos méritos alegados: Nun único documento PDF, denominado “meritos”.
Se o tamaño o requirise, poderá achegarse máis dun arquivo. Nese caso deberá engadir ao nome dos documentos un número de orde “meritos01”, “meritos02”, segundo corresponda.
d. Un documento PDF, denominado “galego” que conterá a documentación xustificativa (Celga 3 ou superior).
e. Un documento PDF, denominado “castelan” que conterá a documentación xustificativa (C1; so no caso de persoas con nacionalidade de países cuxo idioma oficial non sexa o castelán).
f. No caso de solicitar adaptación de tempo e/ou medios para a realización das probas, un arquivo PDF denominado “ditame_tecnico”, que conterá o ditame técnico facultativo ou informe médico suficientemente explicativo (base 3.7).
g. No caso de oporse á consulta dos datos de identidade, titulación ou grao de discapacidade, por parte da administración (base 4.1), deberá achegarse a documentación correspondente, en formato PDF, coa denominación “identidade”, “titulacion” ou” discapacidade”, segundo corresponda.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal de Administración e Servizos
986813762
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Dende as 00:00 horas do 17 de abril ata as 23:59 horas do 15 de maio de 2026.
NORMATIVA APLICABLE
· Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario.
· Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.
· Decreto 13/2029, do 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os Estatutos da Universidade de Vigo.
