1. Pulsar o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2. Identificarse a través dalgún dos sistemas de autenticación permitidos.
3. No apartado de Datos para os efectos de notificación, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
4. No apartado de Documentación achegar a documentación que corresponda da descrita no punto de documentación requirida.
5. Premer no botón Enviar Solicitude.
6. Pulsar o recadro "Si" da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
7. Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada, prema na pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereito da súa pantalla.
a. Solicitude de participación no proceso selectivo.
b. Índice: un documento PDF, denominado "indice" no que se enumerarán todos os méritos que se xustifican.
c. Xustificación dos méritos alegados: nun único documento PDF, denominado "meritos".
Se o tamaño o requirise, poderá achegarse máis dun arquivo. Nese caso deberá engadirse ao nome un número de orde: "meritos01", "meritos02", segundo corresponda.
d. Un documento PDF, denominado "galego", que conterá a documentación xustificativa (Celga 3 ou superior).
e. Un documento PDF, denominado "castelan", que conterá a documentación xustificativa (C1; só no caso de persoas con nacionalidade de países cuxo idioma oficial non sexa o castelán.
f. En caso de solicitar adaptación de tempo e/ou medios para a realización das probas, un arquivo PDF denominado "ditame_tecnico", que conterá o ditame técnico facultativo ou informe médico suficientemente explicativo (base 3.7).
g. No caso de se opor á consulta dos datos de identidade, titulación ou grao de discapacidade, por parte da administración (base 4.1), deberase achegar o documento correspondente, en formato PDF, coa denominación "identidade", "titulacion" ou "discapacidade", segundo corresponda.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal de Administración e Servicios
986813762
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Dende as 00:00 horas do 17 de abril ata as 23:59 horas do 15 de maio de 2026.
NORMATIVA APLICABLE
