headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Admisión en curso ponte de persoas tituladas pola UVigo

Obter o título de grao mediante a realización dun curso de adaptación, tamén chamado curso ponte

Persoas que estean en posesión dun título de diplomada ou diplomado, de mestra ou mestre ou de enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico pola UVigo

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

1.                   Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla

2.                   É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións

3.                   Anexar a documentación de selo caso seleccionando os documentos que se desexen engadir á solicitude (só PDFs)

4.                   No apartado “expón” especificar o motivo: “solicitude de admisión no curso ponte”

5.                   No apartado “solicita” especificar o nome da titulación solicitada

6.                   Escoller no despregable de destinos a opción que corresponda

Non é necesario presentar documentación salvo no caso de precisar demostrar experiencia profesional, acreditación de lingua inglesa ou calquera outro requisito específico de selección.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 de xuño ao 15 de xullo ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro electrónico como máximo sete días naturais despois de pechado o prazo de presentación de solicitudes. Haberá un prazo de tres días naturais, contados desde o seguinte a esta publicación, para a presentación de reclamacións a través da sede electrónica

As listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas e en lista de espera estarán publicados como moi tarde o día anterior ao comezo do prazo ordinario de matrícula

NOTIFICACIÓN

As listaxes publicaranse no taboleiro electrónico

Indicarase no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válida

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico



Volver