headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Admisión por cambio entre modalidades de docencia ou idioma nun mesmo plan de estudo

Cambiar a modalidade de estudo cando se ofrece mais dunha na titulación de grao

Estudantes dun grao que se imparte con mais dunha modalidade de docencia ou de idioma

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De forma excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

1.                   Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla

2.                   É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións

3.                   No apartado “expón” especificar o motivo: “solicitude de cambio de modalidade de estudo”

4.                   No apartado “solicita” especificar o centro e a titulación para o que se desexa o cambio

5.                   Escoller no despregable de destinos, a opción que corresponda

Non é necesario aportar documentación

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 de xuño ao 30 de xuño ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O 31 de xullo de 2024.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para cada curso académico

Volver