headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SRHII - Juan de la Cierva 2026

Declaración de interese en presentar pola Universidade de Vigo unha solicitude de axuda da convocatoria do programa de recursos humanos «Juan de la Cierva 2026» publicada pola Presidencia da Agencia Estatal de Investigación no BOE do 25/09/2026.

Persoal investigador co título de doutoramento que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria e estea interesado en presentar unha solicitude de axuda Juan de la Cierva 2026 pola Universidade de Vigo.

Consideracións:

-          A declaración de interese debe ser presentada por quen solicite unha axuda ou por quen avale a súa candidatura na Universidade de Vigo.

-          Expresar no «Asunto» exclusivamente «Juan de la Cierva 2026».

Procedemento para a presentación:

  1. Descargue a declaración de interese, encha os datos solicitados e proceda a asinarse polas persoas indicadas.
  2. Pulse o botón «Iniciar tramitación» visible na marxe superior ou inferior dereito da pantalla.
  3. No apartado «Medios de aviso de notificación», é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
  4. Na pestana «Documentación» anexar  a «Declaración de interese» e a «Copia do título de doutor/a para o caso de que fose obtido fóra da Universidade de Vigo».
  5. Pulse o botón «Enviar solicitude».
  6. Pulsar o recadro «Si» da venta de «Confirmación de datos» para finalizar o trámite de solicitude.
  7. Si desexa descargar o «Xustificante de rexistro» e comprobar a documentación enviada pulse a pestana «Expedientes» situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
  1. Declaración de interese.
  2. Copia do título de doutor/a se foi obtido fóra da Universidade de Vigo.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Servizo de Recursos Humanos de Investigación

Teléfono: 986 130230

Enderezo electrónico: seleccion.rhi@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Ata as 23.59 horas do 26 de novembro de 2026.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Non aplica.

SENTIDO DO SILENCIO

Non aplica.

NORMATIVA APLICABLE

Instrucións para presentar unha declaración de interese 

Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2026, das axudas Juan de la Ciervan y Cajal, no marco do Programa Estatal de Recursos Humanos, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2024-2027.

FORMULARIOS RELACIONADOS

Declaración de interese 

Volver
Iniciar tramitación