headerheader-400header-800
Volver

SPDI - 4º Concurso público Profesorado Axudante Doutor. Curso 2025-2026 (AD2502)

Presentación de solicitude ao proceso selectivo para prazas de Profesorado Axudante Doutor.

Persoas en posesión da titulación de doutor/a.

Non é necesaria acreditación de axencias de Calidade a Profesorado Axudante Doutor, sen prexuízo da súa valoración como mérito preferente nos termos indicados na convocatoria.

A) NA SECRETARÍA VIRTUAL:

1. Realizar a inscrición no enlace que corresponda

2. Aboe as taxas, no caso de que non lle corresponda ningunha das modalidades de exención.

B) EN SEDE ELECTRÓNICA:

  1. Pulsar, nesta páxina, o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. No punto documentación achegar os PDF ́S cos arquivos indicados no punto de "documentación requirida”.
  3. Pulsar o botón Enviar Solicitude.
  4. Pulsar o recadro «Si» na ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
  5. Se desexa descargar o xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereito da súa pantalla.
  • Formulario de inscrición.
  • Documentación identificativa (DNI, NIE, Pasaporte)
  • Copia simple do título de doutor/a
  • Declaración xurada relativa aos contratos previos asinados como profesor/a axudante doutor/a
  • De ser o caso, xustificante que acredite exención ou bonificación de pagamento de taxas.
  • Cidadáns/ás de estados con lingua oficial diferente do castelán, certificación ou documento que acredite o coñecemento do castelán ou do galego.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador

Correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.

Teléfonos 986 813765 / 986 813421 / 986 130305

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

6 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

  • Demais normativa que resulte de aplicación.

FORMULARIOS RELACIONADOS

Formulario de inscrición

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a tódalas persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, esta información non ten valor xurídico.


Volver