Poderán solicitar as axudas de acción social:
a) O persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo. Queda excluído o persoal eventual e con contrato de alta dirección.
b) Os familiares (cónxuxe ou persoa coa que conviva maritalmente, fillos e fillas ou proxenitores) deste persoal que falecese en servizo activo ou excedencia por coidado de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, durante os anos 2022, 2021, 2020, 2019 e 2018, ao amparo do artigo 55.6 do convenio colectivo vixente. O/a cónxuxe ou persoa coa que convivise maritalmente poderá solicitar estas axudas mentres permaneza en estado de viuvez ou non conviva maritalmente de novo.
c) O persoal xubilado ou declarado en situación de incapacidade absoluta ou gran invalidez ao longo do ano 2022. Poderá solicitar as axudas de acción social soamente polos gastos xerados ata a data de xubilación ou incapacidade.
Requisitos das persoas solicitantes durante o ano 2022:
a) Percibir as súas retribucións con cargo ao capítulo I dos Orzamentos da Universidade de Vigo. O persoal vinculado á Universidade mediante contrato de traballo deberá estar incluído no ámbito de aplicación do Convenio colectivo de PDI ou PAS laboral.
b) Atoparse na situación administrativa de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.
c) Cumprir os requisitos esixidos nas normas específicas de cada modalidade de axuda.
d) Todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos e os/as menores con ingresos deberán atoparse ao corrente dos deberes tributarios segundo o artigo 13.2 e) da Lei 38/2003, de subvencións, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes; en caso contrario, excluirase a solicitude na súa totalidade.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA
ANEXO I “Solicitude de axudas do Fondo Social 2023” debidamente cumprimentado.
ANEXO II “Información e comprobación de datos”, que deberán vir acompañados da documentación xeral e específica que se requira en cada axuda, debidamente cumprimentado.
No seu caso:
a) Documentación xeral:
b) Documentación específica para cada axuda:
* Todas as facturas deberán incorporarse nun único arquivo no apartado correspondente da sede electrónica.
Calquera outra documentación que queira achegar pode ser engadida en “Outros documentos”.
ÓRGANO ENCARGADO DE LA TRAMITACIÓN
| Servizo |
Teléfono |
Correo electrónico |
| Retribucións e Seguros Sociais |
986 813578 |
PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes deberán presentarse entre os días 3 e 23 de febreiro de 2026, ambos inclusive.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O prazo máximo de resolución desta convocatoria será de seis meses, a contar desde a data de remate do prazo de presentación de solicitudes de acordo ao artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
SENTIDO DO SILENCIO
Negativo.
NORMATIVA APLICABLE
Resolución Reitoral pola que se convocan axudas do fondo social 2023.
