Persoal investigador predoutoral e posdoutoral interesado en presentar unha declaración de interese na Universidade de Vigo para a obtención de axudas de recursos humanos convocadas pola Xunta de Galicia.
Procedemento para a presentación:
Para a etapa de formación predoutoral:
§ No suposto de estudos españois é necesario enviar copia dos títulos de grao e mestrado xunto coas respectivas certificacións académicas na que conste a data de superación da última materia. Para titulacións da Universidade de Vigo non será necesario presentar esta documentación.
§ No suposto de estudos estranxeiros é necesario enviar copia dos títulos correspondentes (grao ou equivalente e mestrado), certificacións académicas oficiais de cada un dos títulos onde conste a data de superación da última materia e a escala. Ademais, debe enviarse a equivalencia de notas media de cada unha das titulacións.
Para a etapa de formación posdoutoral:
§ No suposto de estudios españois é necesario enviar a copia dos títulos de grao/licenciatura/enxeñaría/arquitectura e de doutor/a. Para titulacións da Universidade de Vigo non será necesario presentar esta documentación.
§ No suposto de estudos estranxeiros é necesario enviar copia dos títulos de grao/licenciatura/enxeñaría/arquitectura e de doutor/a, así como a homologación ou equivalencia do título de doutor/a.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Recursos Humanos de Investigación
Teléfono: 986 130 232
Mail: seleccion.rhi@uvigo.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 30/01/2026 ata o día 11/02/2026.
PLAZO DE RESOLUCIÓN
Non procede.
SENTIDO DO SILENCIO
Non procede.
NORMATIVA APLICABLE
As bases reguladoras de cada unha das convocatorias de axudas de RRHH de I+D publicadas pola Xunta de Galicia.
Axudas predoutorais: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1762
Axudas posdoutorais: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1763
O procedemento interno publicado pola Universidade de Vigo para cada tipo de axudas.
FORMULARIOS RELACIONADOS
Instancia xenérica
