Persoas en posesión, como mínimo, do nivel de titulación universitaria indicada na descrición do perfil de cada listaxe.
Excepcionalmente, cando así se indique na descrición do perfil dunha listaxe, poderase esixir unha concreta titulación universitaria ou a acreditación dun nivel mínimo de coñecemento dunha determinada lingua estranxeiraa) EN SECRETARÍA VIRTUAL:
1. Realizar a inscrición no enlace que corresponda:
2. Aboe as taxas, no caso de que non lle corresponda ningunha das modalidades de exención.
b) EN SEDE ELECTRÓNICA:
1. Pulsar, nesta páxina, o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereito da pantalla.
2. No punto documentación achegar os PDF ́S cos arquivos indicados no punto de "documentación requirida”.
3. Pulsar o botón Enviar Solicitude.
4. Pulsar o recadro «Si» da venda de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
5. Se desexa descargar o xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereito da súa pantalla.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal Docente Investigador
Teléfonos 986 813765 – 986 813421
Correo electrónico: consultapdi@uvigo.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no DOG
FORMULARIOS RELACIONADOS
Formulario de inscrición
OBSERVACIÓNS
Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.
