headerheader-400header-800
Volver

SRHI - Axudas para a mobilidade do persoal investigador do Campus Auga

Presentación da solicitude dunha axuda para a realización de estadías de investigación.

-          Persoal investigador predoutoral e posdoutoral integrado no Campus Auga.

-          Estudantado de doutoramento matriculado en programas afíns ao mesmo Campus.

Unha vez realizada a solicitude a través de SUXI, proseguir na Sede electrónica da seguinte maneira:

1.- Presionar no botón Iniciar tramitación visible na marxe margen superior ou inferior dereito da pantalla

2.- É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida, para os avisos de posta a disposición de notificacións.

3.- Expresar no asunto: <<Solicitude de axudas para a mobilidade de persoal investigador Campus Auga_25>>

4.- No apartado Documentación, adxuntar o formulario obtido en SUXI e indicado no apartado de “Documentación requerida”.

5.- Pulsar o botón Enviar solicitude.

6.- Pulsar o recadro SI da ventá deConfirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.

7.- Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada pulse a pestana «Expedientes»situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o que deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a  estranxeiros@uvigo.gal,  cunha antelación mínima de dous días hábiles á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Resgardo de solicitude xerado polo aplicativo SUXI debidamente asinado.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Recursos Humanos de Investigación

xestion.rhi@uvigo.gal

986813906

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 8/07/2025 ata o día 28/08/2025.

PLAZO DE RESOLUCIÓN

Seis meses.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo.

NORMATIVA APLICABLE

Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións e a súa normativa de desenvolvemento.

Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema universitario.

Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro polo que se aprobaron os estatutos da Universidade de Vigo.

Resolución reitoral pola que se convocan axudas propias para a mobilidade de persoal investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo.


Volver