headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SRSS – Solicitude de cambio de domiciliación bancaria

Solicitude para realizar o cambio da conta bancaria na que desexan recibir o pago de retribucións.

As solicitudes presentadas despois do día 15 de cada mes terán efectos no abono de retribucións do mes seguinte ao da súa presentación. As solicitudes presentadas entre o día 1 e o 15 terán efectos no mesmo mes da súa presentación, salvo no mes de decembro, que terán efectos sempre no mes de xaneiro.

Recoméndase non cancelar a conta bancaria anterior ata recibir o primeiro abono na conta nova.

Poderán solicitar o cambio de conta bancaria:

a)      O persoal docente e investigador e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade de Vigo.

b)      O alumnado que perciba unha bolsa da Universidade de Vigo pola realización de prácticas.

  1. Premer no botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. No apartado de Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar un enderezo electrónico válido.
  3. Pulsar la pestana Formularios esixidos e descargar o modelo Solicitude de cambio de conta bancaria. Garde a solicitude no seu equipo antes de cubrir os datos.
  4. Na pestana Documentación deberá anexar a Solicitude de cambio de conta e o Certificado de titularidade da conta bancaria.
  5. Prema o botón Enviar Solicitude.
  6. Prema o recadro Si da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
  7. Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada, pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

Modelo de solicitude de cambio de domiciliación bancaria asinado pola persoa interesada.

Certificado bancario de titularidade da conta.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Servizo de Retribucións e Seguros Sociais

Correo electrónico: consultanomina@uvigo.gal

Teléfono 986 813578

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Este procedemento está dispoñible permanentemente.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

10 días dende a presentación da solicitude na sede electrónica da Universidade de Vigo.

As solicitudes presentadas despois do día 15 de cada mes terán efectos no abono de retribucións do mes seguinte ao da súa presentación. As solicitudes presentadas entre o día 1 e o 15 terán efectos no mesmo mes da súa presentación, salvo no mes de decembro, que terán efectos sempre no mes de xaneiro.

Recoméndase non cancelar a conta bancaria anterior ata recibir o primeiro abono na conta nova.

SENTIDO DEL SILENCIO

As solicitudes que reúnan todos os requisitos se entenderán sempre estimadas.

NORMATIVA APLICABLE

Lei 39/2015, de 1 de outubro, del Procedemento Administrativo Común de las Administracións Públicas.

Orde PRE/1576/2002, de 19 de xuño, pola que se regula o procedemento para el pago de obrigas da Administración Xeral do Estado.

FORMULARIOS RELACIONADOS

Impreso de solicitude de cambio de domiciliación bancaria.


Volver
Iniciar tramitación