headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SPDI - 6º concurso público para a elaboración de listas de profesorado substituto. Curso 2024-2025

Concurso público para a elaboración de listas de contratación de profesorado substituto dirixidas a cubrir necesidades docentes temporais.

Os requisitos de participación son os establecidos na base primeira da convocatoria, á que se poderá acceder dende o repositorio de convocatorias da Universidade de Vigo  (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index) filtrando por Tipo: “Concursos de profesorado” e empregando como palabra-chave “LA2406”.

Persoas aspirantespara a contratación temporal como profesorado substituto para cubrir necesidades de docencia xeradas por exencións docentes do profesorado por cargas académicas, por circunstancias sobrevidas, de carácter extraordinario ou suspensión temporal da actividade dun profesor ou profesora.

A duración do contrato e a dedicación serán as que determinen as necesidades docentes.

1º. A inscrición de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web  da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición.

2º. Unha vez cumprimentada e validada a solicitude a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal).

Deberase presentar a través da sede electrónica:

a)      Copia da solicitude xerada na fase de inscrición.

b)      Copia do documento de identidade.

c)      Copia da título académico esixido.

d)      De ser o caso, copia da acreditación do coñecemento de idioma esixido.

e)      De ser o caso, xustificación da exención total ou parcial do pagamento de taxas.

f)       Relación de ata 10 méritos, empregando o modelo normalizado.

g)      Xustificación dos méritos alegados.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador

Teléfonos 986 813765 – 986 813421

Correo electrónico: consultapdi@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dez días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

NORMATIVA APLICABLE

Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario (LOSU) e, en tanto non se opoñan ao establecido nela:

- Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario

- II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo

- Estatutos da Universidade de Vigo

- Acordo do Consello de Goberno do 2 de decembro de 2024, polo que se aproba a normativa para a contratación de profesorado substituto na Universidade de Vigo.

FORMULAR IOS RELACIONADOS

Os modelos de documentos precisos para complementar a solicitude e documentación anexa (ver apartado OBSERVACIÓNS) figuran dispoñibles na web da convocatoria á que se poderá acceder dende o repositorio de convocatorias da Universidade de Vigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por Tipo: “Concursos de profesorado” e empregando como palabra-chave “LA2406”.

OBSERVACIÓNS

Teña en conta que, debido ao cambio normativo recente, (a) xa non se emprega o modelo de CV usado ata agora, cambiándose por unha relación de ata 10 méritos e (b) non hai que presentar proxecto docente.

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver
Iniciar tramitación