headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Simultaneidade de estudos para estudantes de grao

Solicitude para poder cursar dúas titulacións universitarias oficiais: SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS

Estudantado con matrícula formalizada na UVigo no curso para o que se solicita, nas modalidades de continuación de estudos ou de curso ponte, que pretendan matricularse noutra titulación universitaria oficial española.

  1. Premer no botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. É imprescindible indicar no apartado de Medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, un enderezo electrónico válido, xa que será o medio a través do que se realizarán os avisos desas notificacións.
  3. No apartado Expón, especificar: “Solicitude de simultaneidade”.
  4. No apartado Solicita, especificar o nome da titulación de grao que se desexa simultanear e da universidade, no caso de que a outra titulación non se curse na UVigo.
  5. Premer o botón Enviar Solicitude.
  6. Premer o recadro “Si” da xanela de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
  7. Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada, prema na lapela Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla

De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extracomunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e cunha antelación mínima de 2 días hábiles anteriores á data de fin do prazo de presentación de solicitudes.

Unicamente para quen teña matrícula formalizada noutra universidade, deberá achegar unha certificación académica oficial.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Teléfono: 986 813 607
Correo electrónico: soporte.grao@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 de setembro de 2026 ata o 31 de outubro de 2026 ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O prazo máximo para resolver será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da finalización do procedemento de admisión correspondente a prazas sobrantes e cursos ponte.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Regulamento de Simultaneidade de Estudos Oficiais na Universidade de Vigo

Convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico


Volver
Iniciar tramitación