VICOU - VII Edición dos Premios de Investigación, transferencia e divulgación científica do Campus Auga da Universidade de Vigo
Descrición
Dirixido a
PDI (Persoal Docente e Investigador), PI (Persoal Investigador) e Estudantado, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria para cada modalidade.
Unha vez cumprimentado, premer no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargar o formulario e asinalo con certificado dixital. Deberá gardar o PDF para presentalo a través de Sede Electrónica, como se indica no seguinte paso.
2º) EN SEDE ELECTRÓNICA:
Premer o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereito da pantalla.
No punto Documentación obrigatoria/Formulario, achegar o PDF obtido de Secretaría virtual.
Pulsar o botón Enviar Solicitude.
Na ventá de Confirmación de datos, pulsar o recadro «Si» para finalizar o trámite de solicitude.
Descargar o “Xustificante de rexistro”, que inclúe a ligazón e contrasinal necesarios para presentar o Anexo I que acompaña á convocatoria.
Para consultar a documentación presentada, pode acceder a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereito da súa pantalla.
3º) PRESENTACIÓN DO ANEXO I:
Acceder a ligazón e use o contrasinal que atopará no “Xustificante de rexistro” (punto 5 anterior) para presentar o “Anexo I” da convocatoria en formato PDF.