headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

VIOCOU - VI Edición dos Premios de Investigación, transferencia e divulgación científica do Campus Auga da Universidade de Vigo

Esta convocatoria ten por obxecto recoñecer, difundir e premiar traballos e accións de investigación, transferencia, e divulgación científica, relativos ás liñas de traballo “Alimentación Funcional”, “Agricultura e Medio Ambiente” e “Xestión da Auga”, que resulten de interese para o desenvolvemento e promoción do Campus Auga.

PDI, PI e estudantado, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Primeiro.- A persoa solicitante cumprimentará o formulario de solicitude a través da secretaría virtual da Universidade de Uvigo:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13601

Unha vez cumprimentado, premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargaráo e asinaráo con certificado dixital. Este será o documento que presentará na sede electrónica, segundo as indicacións do seguinte paso.

Segundo.- Dentro do prazo de solicitudes, accederá á sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “VI Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo”.  Despois de ler a información deberá premer no botón  “INICIAR TRAMITACIÓN”. No campo "Documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso 1.  De seguido, premerá en "enviar solicitude".

O "xustificante de presentación en sede" xerado inclúe a ligazón e o contrasinal de acceso que se precisará para cargar o traballo ou mérito que se presenta á convocatoria. Dito arquivo co traballo ou mérito debe nomearse co número de xustificante de presentación e seguirá o modelo Anexo I que acompaña a esta convocatoria. Deberá cargarse no enderezo indicado dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Vicerreitoría do campus de Ourense

vicou@uvigo.gal

Tel.: 988387300

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 10 de setembro de 2024 ás 00:00 horas e remata o 22 de setembro de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Neste mesmo prazo cargarase o Anexo I no enderezo ao que se accede premendo na ligazón que aparecerá no xustificante de presentación en sede da solicitude.

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE


Volver
Iniciar tramitación