headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

VICOU - Concurso de intervención artística Campus Auga 2024

Este procedemento permite a todas as persoas interesadas participar no Concurso de Intervención Artística Campus Auga-2024.

Pode participar calquera persoa maior de idade, de xeito individual ou en grupo.

Pasos a seguir para participar:

  1. A persoa autora da obra ou a persoa que representa ao grupo de traballo cumprimentará o formulario de participación a través da secretaría virtual da Universidade de Uvigo.  
  2. Unha vez cumprimentado, premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargaráo e asinaráo con certificado dixital. Este será o documento que presentará na sede electrónica, segundo as indicacións do seguinte paso.
  3. Dentro do prazo de solicitudes, accederá á sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “Concurso de Intervención Artística Campus Auga 2024”.  Despois de ler a información deberá premer no botón  “INICIAR TRAMITACIÓN”.   No campo "Documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso 2.  De seguido, premerá en "enviar solicitude".
  4. O "xustificante de presentación en sede" xerado inclúe a ligazón e o contrasinal de acceso que se precisará para cargar a obra que se presenta ao concurso. O arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de xustificante de presentación e constará dun dossier en formato .pdf cun tamaño máximo de 15 MB, que conteña a seguinte documentación:

-          reprodución dixital da obra e, se é posible, simulación da mesma no espazo destinado ao concurso

-          ficha técnica completa da obra: título e materiais a utilizar coas cantidades, se fose o caso, aproximadas e necesarias para a súa elaboración

-          texto breve explicativo da obra

-          breve currículo (opcional): non máis de 15 liñas e un máximo de 5 fotografías doutros traballos. Non incluirá datos persoais identificativos

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

-          Formulario de participación:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13588

-                      Arquivo coa proposta artística

 

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Vicerreitoría do campus de Ourense

culturavicou@uvigo.gal

Tel.: 988387219

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 4 de xullo de 2024 ás 00:00 horas e remata o 30 de setembro de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Neste mesmo prazo cargarase a obra no programa informático ao que se accede premendo na ligazón que aparecerá no xustificante de presentación en sede da solicitude.

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

 

PRAZO DE RESOLUCIÓN

1 mes

 

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

 

NORMATIVA APLICABLE

Resolución rectoral do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca Concurso de Intervención Artística Campus Auga-2024.

 


Volver
Iniciar tramitación