Alumnado de doutoramento matriculado na Universidade de Vigo ou en condicións de matricularse no momento de formalizar o contrato.
Como facelo
Presionar no botón Iniciar tramitación visible na marxe margen superior ou inferior dereito da pantalla
É imprescindible indicar no apartado de Medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida, para os avisos de posta a disposición de notificacións.
Expresar no Asunto: «Solicitude de axudas predoutorais Uvigo»
No apartado Documentación, anexar o resgardo de rexistro da solicitude no aplicativo SUXI debidamente asinado.
Preme o botón Enviar solicitude.
Preme o cadro «Si» da xanela de Confirmación de datos para finalizar o trámite da solicitude.
Se desexas descargar o «Xustificante de rexistro» e comprobar a documentación achegada, preme a lapela Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da túa pantalla.
De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o que deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal, cunha antelación mínima de dous días hábiles á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Documentación requirida
Resgardo de solicitude xerado polo aplicativo SUXI, debidamente asinado.