headerheader-400header-800
Volver

SPAS - Persoal colaborador ATSX (1º exercicio)

O obxecto deste procedemento é seleccionar ao persoal de administración e servizos que colaborará co tribunal cualificador durante a realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala Auxiliar técnica de servizos xerais, subescala Conserxaría.

Persoal de administración e servizos funcionario, de carreira ou interino, e persoal laboral, fixo ou temporal, que estea prestando servizos na Universidade de Vigo.

Premer no botón “iniciar tramitación” da esquina superior ou inferior dereita.

Indicar no “asunto: CO-ATSX-1”

Enviar

Non se require documentación.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal de Administración e Servizos

consultapas@uvigo.es

986813762

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo ata ás 23:59 horas do 15 de novembro de 2023.

 

NORMATIVA APLICABLE

·      Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario.

·      Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

·      Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

·      Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

·      Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

·      Estatutos da Universidade de Vigo.

·      Resolución, do 1 de decembro de 2022, pola que se convoca proceso selectivo de acceso libre e promoción interna polo sistema de concurso-oposición para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo.

·      Convocatoria persoal colaborador – proceso selectivo para o ingreso na escala Auxiliar técnica de servizos xerais, subescala Conserxaría.


Volver