headerheader-400header-800
Volver

SRHI - Axudas FPI

Presentación de solicitudes xunto coa documentación requirida polas bases da convocatoria para a selección de persoal investigador predoutoral FPI asociado a «Proyectos de Generación del Conocimiento 2024».

Alumnado de doutoramento matriculado na Universidade de Vigo no curso 2025/26 ou estudantes en disposición de matricularse no momento da formalización do contrato.

  1. Presionar no botón Iniciar tramitación visible na marxe margen superior ou inferior dereito da pantalla
  2. É imprescindible indicar no apartado de Medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida, para os avisos de posta a disposición de notificacións.
  3. Expresar no Asunto: ” Solicitude de axudas FPI”
  4. No apartado Documentación, anexa os ficheiros coa documentación requirida (en formato .PDF) e o formulario do procedemento debidamente cuberto.
  5. Preme o botón Enviar solicitude.
  6. Preme o cadro «Si» da xanela de Confirmación de datos para finalizar o trámite da solicitude.
  7. Se desexas descargar o “Xustificante de rexistro” e comprobar a documentación achegada, preme a lapela Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da túa pantalla.

De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o que deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal,  cunha antelación mínima de dous días hábiles á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

- Formulario de solicitude conforme ao anexo IV da convocatoria de axudas.

- Copia de pasaporte só para as persoas extracomunitarias que empreguen o procedemento excepcional de presentación de solicitudes.

- Documentación académica:

  • Copia de certificacións académicas das titulacións universitarias que se posúan ou das ensinanzas superadas na data de presentación da solicitude expedidas e facilitadas pola entidade académica correspondente na que consten as cualificacións obtidas e a escala de cualificacións.
  • Equivalencia de notas de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros debidamente asinada, só para o caso de títulos no estranxeiro.
  • Curriculum vitae abreviado conforme a modelo normalizado https://cvn.fecyt.es/  onde deben constar especificamente as achegas científico-técnicas e a mobilidade e internacionalización, así como breve descrición do TFG e do TFM coas puntuacións obtidas.


Volver