headerheader-400header-800
Volver

SXER - Reclamación á proclamación provisoria de candidaturas: Eleccións representantes de estudantes – Consellos de Departamento.

Mediante este procedemento as persoas candidatas (estudantes), tanto proclamadas como excluídas, poderán presentar un escrito de reclamación ante a Comisión Electoral, no caso de detectar algún erro na proclamación provisoria de candidaturas.

O estudantado que presentou a súa candidatura para as eleccións de representantes de estudantes nos Consellos de Departamentoconsonte a normativa aplicable.

A través da sede electrónica da Uvigo:

1.       Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.       Anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Reclamación á proclamación provisoria de candidaturas. Eleccións representantes de estudantes – Consellos de Departamento).

Presencialmente:

1.       Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.

Campus de Vigo:

·         Edificio Exeria - Servicios Centrais.

Campus de Ourense:

·         Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.

Campus de Pontevedra:

·         Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.  

Escrito razoado dirixido á Presidencia da Comisión Electoral no que se fundamente a reclamación.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

·         Secretaría Xeral

·         986 812018 / 986 813614

·         cosecxeral@uvigo.gal / sxeral@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o 26 ao 28 de febreiro de 2025

INFORMACIÓN ADICIONAL

Transcorrido o prazo de reclamacións, a Comisión Electoral publicará a proclamación definitiva de candidaturas o 13 de marzo de 2025, consonte o establecido no calendario electoral.

NORMATIVA APLICABLE


Volver