SRHI - Axudas propias para estadías de persoal investigador da Universidade de Vigo
Descrición
Dirixido a
Alumnado de doutoramento e persoal investigador predoutoral en período POP.
Como facelo
PASO 1. No aplicativo SUXI:
Tramitar a solicitude de axudas seguindo o titorial que se publica xunto coa convocatoria.
PASO 2. En la SEDE:
Presionar no botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida, para os avisos de posta a disposición de notificacións.
Expresar no asunto: Solicitude de axudas propias de estadías e dirixila ao Servizo de Recursos Humanos de Investigación
De xeito excepcional para este procedemento, únicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o que deben inicialo procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal, cunha antelación mínima de dous días hábiles á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Documentación requirida
Resgardo de solicitude xerado polo aplicativo SUXI, debidamente asinado.