headerheader-400header-800
Volver

SXER - Censos electorais provisionais: reclamacións e dereito de opción. Eleccións de estudantes - Consellos de Departamento

Mediante este procedemento as persoas titulares do dereito de sufraxio poderán presentar, ante a Comisión Electoral:

1.     Unha reclamación no caso de que detecten algún erro na súa adscrición ao sector/subsector ou circunscrición correspondente.

2.     Un escrito de opción polo sector ou circunscrición en que desexen participar na votación, nos casos en que así proceda consonte a normativa aplicable. 

O estudantado que teña a condición de persoas electoras consonte a normativa aplicable

A través da sede electrónica da Uvigo:

1.       Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.       Anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Censos electorais provisionais: reclamacións e dereito de opción. Eleccións representantes de estudantes – Consellos de Departamento).

Presencialmente:

1.       Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.

Campus de Vigo:

·         Edificio Exeria - Servicios Centrais.

Campus de Ourense:

·         Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.

Campus de Pontevedra:

·         Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.

Escrito razoado dirixido á Presidencia da Comisión Electoral no que se fundamente a reclamación.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Secretaría Xeral

Teléfono: 986 812018 / 986 813614;

Enderezo Electrónico: cosecxeral@uvigo.gal / sxeral@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o 04 ao 06 de febreiro de 2025

PRAZO DE RESOLUCIÓN

14 de febreiro de 2025

SENTIDO DO SILENCIO

Positivo.

 As resolucións desestimatorias serán notificadas directamente ás persoas interesadas e en contra delas non caberá a súa revisión.

NORMATIVA APLICABLE

1.       Resolución do 23 de xaneiro de 2025, de convocatoria de eleccións de representantes de estudantes nos Consellos de Departamento

2.       Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo

3.    Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/267


Volver