headerheader-400header-800
Volver

SPDI - 1º Concurso público para a elaboración de listas de substitución de persoal docente. Curso 2024-2025

Concurso público para a elaboración de listas de contratación de persoal docente dirixidas a cubrir necesidades docentes temporais.

Os requisitos de participación son os establecidos na base primeira da convocatoria, á que se poderá acceder dende o repositorio de convocatorias da Universidade de Vigo  (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index) filtrando por Tipo: “Concursos de profesorado” e empregando como palabra-chave “LA2401”.

Persoas aspirantes para a contratación temporal como profesorado para cubrir necesidades de docencia xeradas por exencións docentes do profesorado por cargas académicas, por circunstancias sobrevidas, de carácter extraordinario ou suspensión temporal da actividade dun profesor ou profesora.

A duración do contrato e a dedicación serán as que determinen as necesidades docentes.

1º. A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web  da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición.

·      O acceso para as persoas que xa teñen usuario de Secretaría Virtual farase a través da mesma (https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/), unha vez identificadas, e do apartado “Concursos de PDI”

·      O acceso para aqueles usuarios externos á Universidade, sen usuario de Secretaría Virtual, a través do enlace https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

2º. Unha vez cumprimentada e validada a solicitude a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal).

Na fase de inscrición presentarase:

a)       Copia do documento de identidade

b)      Copia da título académico esixido

c)       De ser o caso, xustificación da exención total ou parcial do pagamento de taxas.

Na fase depresentación por sede da solicitude, presentarase (ver requisitos de formato e contido para cada un deles na convocatoria):

a)       Curriculum vitae

b)      Xustificación dos méritos alegados

c)       Proxecto docente.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador

Teléfonos 986 813765 – 986 813421

Correo electrónico: consultapdi@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 25 de xuño ao 8 de xullo de 2024.

NORMATIVA APLICABLE

Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario (LOSU) e, en tanto non se opoñan ao establecido nela:

-          Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario

-          II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo

-          Estatutos da Universidade de Vigo

-          Acordo do Consello de Goberno do 10 de maio de 2011 (modificado por acordo do 21 e 22 de marzo de 2013).

FORMULARIOS RELACIONADOS

Os modelos de documentos precisos para complementar a solicitude e documentación anexa figuran dispoñibles na web da convocatoria á que se poderá acceder dende o repositorio de convocatorias da Universidade de Vigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por Tipo: “Concursos de profesorado” e empregando como palabra-chave “LA2401”.

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver