headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SPDI - 1º concurso público para a contratación de profesorado axudante doutor (OR). Curso 2024-2025 (AD2401)

Concurso público para cubrir necesidades docentes mediante a contratación en réxime laboral de profesorado axudante doutor.

Os requisitos de participación son os establecidos na base primeira da convocatoria, á que se poderá acceder dende o repositorio de convocatorias da Universidade de Vigo  (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index) filtrando por Tipo: “Concursos de profesorado” e empregando como palabra-chave “AD2401”.

O contrato realizarase con doutores/as. Non é precisa acreditación; non obstante, en aplicación da disposición transitoria terceira da LOSU, a acreditación vixente de profesor/a axudante doutor/a, considerarase como un mérito preferente para os efectos do acceso a esta figura de profesor/a.

A finalidade do contrato será a de desenvolver tarefas docentes e de investigación.

O contrato de profesor axudante doutor será de carácter temporal e con dedicación a tempo completo. A súa duración non poderá superar os seis anos, excepto en persoas con discapacidade, que non poderá superar os oito anos.

1º. A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web  da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición.

·      O acceso para as persoas que xa teñen usuario de Secretaría Virtual farase a través da mesma (https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/), unha vez identificadas, e do apartado “Concursos de PDI”

·      O acceso para aqueles usuarios externos á Universidade, sen usuario de Secretaría Virtual, a través do enlace https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

2º. Unha vez cumprimentada e validada a solicitude a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal).

A que se indica na base 3.2 da convocatoria. Esa documentación poderase presentar ben a través do aplicativo de inscrición ou a través da sede electrónica. Neste segundo caso deberanse ter en conta os límites de tamaño por documento e en conxunto que indica a propia sede.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

 Servizo de Persoal Docente Investigador correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.

Teléfonos 986 813765 – 986 813421

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 14 de xuño de 2024 ata 11 de xullo  de 2024.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Catro meses a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio.

NORMATIVA APLICABLE

Lei orgánica 2/2023 de 22 de marzo do Sistema Uni­versi­tario (LOSU) e, en tanto non se opoñan ao establecido nela:

-        Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario

-        II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador das uni­versidades da Coruña, San­tiago de Compostela e Vigo

-        Estatutos da Universidade de Vigo

-        Normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e ás categorías de profesorado perma­nen­te laboral e axudante doutor (Consello de Goberno do 3 de abril de 2024)

FORMULARIOS RELACIONADOS

Os modelos de documentos precisos para complementar a solicitude e documentación anexa figuran dispoñibles na web da convocatoria á que se poderá acceder dende o repositorio de convocatorias da Universidade de Vigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por Tipo: “Concursos de profesorado” e empregando como palabra-chave “AD2401”.

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver
Iniciar tramitación