headerheader-400header-800
Volver

SPDI - 1º Concurso público para a contratación de profesorado asociado. Curso 2023-2024

Concurso público para cubrir necesidades docentes mediante a contratación en réxime laboral de profesorado asociado.

Os requisitos de participación son os establecidos na base primeira da convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index seleccionando, “emprego” e logo “concursos de profesorado”.

O contrato de profesor asociado poderase celebrar con especialistas de recoñecida competencia que acrediten exercer a súa actividade profesional fóra do ámbito académico universitario.

A finalidade do contrato será a de desenvolver tarefas docentes a través das que se acheguen os seus coñecementos e experiencia profesionais á universidade.

O contrato será de carácter temporal e con dedicación a tempo parcial.

A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición. Enlace:

Persoal propio da Universidade

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

Persoal externo

https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

Unha vez cumprimentada e validada a solicitude a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) mediante o procedemento- do 1º concurso público para a contratación de profesorado asociado. Curso 2023-2024. O tamaño máximo de todo o conxunto de documentos é de 35 MB.

Xunto coa solicitude de participación achegarase, en formato PDF, a seguinte documentación:

a)          Curriculum vitae: CV detallado de acordo co modelo oficial que figura no anexo III, en formato PDF, o cal será refrendado coa sinatura electrónica da persoa concursante. Non serán valorados méritos que non estean detallados en dito modelo de curriculum vitae ou ben non se xustifiquen documentalmente. O arquivo deberá nomearse como Curriculo_DNI_CodPraza.pdf

b)           Méritos: Os documentos e publicacións que acrediten todos os méritos alegados, incluído o coñecemento da lingua galega. Todos estes documentos deberán incluírse nun único arquivo en formato PDF, seguindo a paxinación indicada no curriculum vitae e que se xerará segundo o establecido no anexo V. O arquivo deberá nomearse como Xustifica_DNI _CodPraza.pdf

c)           Proxecto docente: O proxecto docente en formato PDF e cunha extensión máxima de 15 páxinas, que versará sobre a materia indicada pola comisión específica de área nos criterios específicos (anexo IV). Se non foi indicada, o proxecto versará sobre unha das materias que aparecen no perfil da praza no anexo II. O arquivo deberá nomearse como Proxecto_DNI _CodPraza.pdf.

d)           Exención de taxas: Xustificante, no seu caso, da exención parcial ou total de taxas.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN.

 Servizo de Persoal Docente Investigador, correo electrónico: consultapdi@uvigo.es

Teléfonos 986 813765 - 986 813421

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 11 de  xullo de 2023 ata 20 de xullo  de 2023.

NORMATIVA APLICABLE

El concurso se regirá por las bases de la convocatoria, por el dispuesto en la Ley orgánica 2/2023, del 22 de marzo, del Sistema Universitario, por el Decreto 266/2002, del 6 de septiembre, de la Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario, por el II Convenio Colectivo para el personal docente e investigador de las universidades de la Coruña, Santiago de Compostela y Vigo, por los Estatutos de la Universidad de Vigo, y por el acuerdo del Consello de Gobierno del 10 de mayo de 2011 (modificado por acuerdo del 21 y 22 de marzo de 2013).

Convocatoria

FORMULARIOS RELACIONADOS

Persoal propio da Universidade

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

Persoal externo

https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver