headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SEXT - Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2024)

Este procedemento permite aos membros da comunidade universitaria participar nos concursos 2024 de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música.

Os requisitos de participación son os establecidos nas bases que regula a convocatoria https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1342

Convocatoria dos seguintes concursos:

-          XXI premio de creación audiovisual.

-          XX certame de fotografía.

-          XXI premio de pintura.

-          XXI premio de maquetas de música.

Comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PAS, PDI, ESTUDANTADO), coas especificacións, que para cada premio, se recollen na convocatoria.

1.       A persoa autora da obra ten que cumprimentar o formulario de participación que  se  atopa  na  secretaría virtual  da Universidade de Vigo  (ver as ligazóns no apartado de “formularios relacionados” destas instrucións).

Unha vez cumprimentado o formulario terá que xerar o PDF e asinalo con certificado dixital. Este documento será o que presentará na sede electrónica de acordo co indicado no paso 2.

2.        No prazo de solicitudes indicado anteriormente, e dende o procedemento correspondente da sede electrónica,  despois de ler a información deberá premer no  botón “INICIAR TRAMITACIÓN”:

No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta.

No campo “Documentación” engadirá o documento PDF xerado no paso anterior.

Por último premerá en “Enviar solicitude”, este paso xerará o xustificante de presentación en sede.

3.       O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e o contrasinal de acceso que se necesitará para realizala.

4.       Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de “xustificante de presentación en sede” e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

Formulario de participación (ligazóns no apartado de “Formularios relacionados”)

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Sección de Extensión Universitaria

extension@uvigo.es

Teléfono: 986 813 626

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes inicia o día seguinte ao da publicación da convocatoria no taboleiro electrónico desta universidade e remata o 30 de xullo de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Neste mesmo prazo cargarase a obra no programa informático ao que se accede premendo na ligazón que aparecerá no “Xustificante de presentación en sede” da solicitude.

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral do 10 de maio de 2024 pola que se convocan concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2024

FORMULARIOS RELACIONADOS

Creación Audiovisual

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13547

Fotografía

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13548

Pintura

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13549

Maquetas de música

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13550


Volver
Iniciar tramitación