Comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PAS, PDI, ESTUDANTADO), coas especificacións, que para cada premio, se recollen na convocatoria.
1. A persoa autora da obra ten que cumprimentar o formulario de participación que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo (ver as ligazóns no apartado de “formularios relacionados” destas instrucións).
Unha vez cumprimentado o formulario terá que xerar o PDF e asinalo con certificado dixital. Este documento será o que presentará na sede electrónica de acordo co indicado no paso 2.
2. No prazo de solicitudes indicado anteriormente, e dende o procedemento correspondente da sede electrónica, despois de ler a información deberá premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”:
No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta.
No campo “Documentación” engadirá o documento PDF xerado no paso anterior.
Por último premerá en “Enviar solicitude”, este paso xerará o xustificante de presentación en sede.
3. O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e o contrasinal de acceso que se necesitará para realizala.
4. Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de “xustificante de presentación en sede” e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio.
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.