headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SEXT - Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2025

Este procedemento permite aos membros da comunidade universitaria participar nos concursos 2025 de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música.

Os requisitos de participación son os establecidos nas bases que regula a convocatoria:

Resolución Reitoral de 13 de maio de 2025 pola que se convocan concursos de creación audiovisual, maquetas de música, pintura e fotografía da Universidade de Vigo para o ano 2025

Convocatoria dos seguintes concursos:

-          XXII premio de creación audiovisual.

-          XXII premio de maquetas de música.

-          XXII premio de pintura

-          XXI premio de fotografía.

Comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PTXAS, PDI, ESTUDANTADO), coas especificacións, que para cada premio, se recollen na convocatoria.

1. A persoa autora da obra ten que cumprimentar o formulario de participación correspondente ao premio ao que opte.

2. Premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”.

No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta.

No campo “Documentación” engadirá o formulario de participación indicado no paso anterior.

Por último, premerá en “Enviar solicitude”, este paso xerará o xustificante de presentación en sede.

3. O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e o contrasinal de acceso que se necesitará para realizala a través de DPV.

4. Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de “xustificante de presentación en sede” e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

Formulario de participación para cada premio ao que opte, que se atoparán no apartado de "Formularios relacionados".

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

 Sección de Extensión Universitaria

extension@uvigo.gal

Tel.: 986 813 626

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo ata ás 23:59 horas  do 30 de xullo de 2025.

Neste mesmo prazo cargarase a obra no programa informático ao que se accede premendo na ligazón que aparecerá no “Xustificante de presentación en sede” da solicitude.

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Resolución Reitoral de 13 de maio de 2025 pola que se convocan concursos de creación audiovisual, maquetas de música, pintura e fotografía da Universidade de Vigo para o ano 2025



Volver
Iniciar tramitación