A través da sede electrónica da Uvigo:
1. Pulse o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2. No apartado Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
3. Na pestana Documentación anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Reclamación á proclamación provisional de candidaturas. Eleccións representantes no Claustro).
4. Pulse o botón Enviar solicitude.
5. Pulsar o recadro Si da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
6. Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
Presencialmente:
1. Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.
Campus de Vigo:
· Edificio Exeria - Servicios Centrais.
Campus de Ourense:
· Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.
Campus de Pontevedra:
· Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.