headerheader-400header-800
Volver

VICOU - Convocatoria de prazas para a escola infantil “Concepción Saiz Otero” do Campus de Ourense (Estudantes)

Convócanse 41 prazas de renovación e nova adxudicación na Escola Infantil do Campus de Ourense “Concepción Saiz Otero”.

Pode solicitarse praza para os fillos e fillas de membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

Os integrantes da comunidade universitaria son: o persoal docente e investigador (PDI), incluído o persoal contratado con cargo a proxectos ou convenios, o persoal de administración e servizos (PAS) e o estudantado matriculado en titulacións oficiais da Universidade de Vigo durante o curso académico 2023/24.

Ao persoal da Fundación Universidade de Vigo e o estudantado do Programa para Maiores da Universidade de Vigo consideraráselles equiparados á comunidade universitaria aos efectos desta convocatoria.

No caso de que a oferta do servizo non se cubra coa demanda dos membros da comunidade universitaria poderán optar:

a)     Primeiro, outros familiares con vinculación indirecta coa comunidade universitaria: netos/as e sobriños/as de estudantes de titulacións oficiais, de traballadores/as en activo ou de xubilados/as da Universidade de Vigo.

b)     Segundo, os fillos e fillas de persoas que residan ou traballen na cidade de Ourense.

A efectos desta convocatoria, asimilarase ao representante legal do neno/a como pai/nai e ao menor en acollida como fillo/a.

A solicitude presentarase a través da sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal, no procedemento Convocatoria de prazas para a escola infantil “Concepción Saiz Otero” do Campus de Ourense.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus Auga

Tfno.: 988387300

Enderezo electrónico: vicou@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte ao de publicación desta convocatoria ata o día 22 de marzo de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O procedemento estará resolto antes do 31 de maio de 2024.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

R.R. do 23 de febreiro de 2024 pola que se convocan prazas para a escola infantil “Concepción Saiz Otero” do Campus de Ourense para o curso escolar 2024/25.

Volver