headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SXER - Alegacións

Formulario electrónico que permite presentar alegacións a través do Rexistro Electrónico, dirixidas de maneira exclusiva a órganos administrativos da Universidade de Vigo e referidos a procedementos ou servizos que non conten cun modelo normalizado específico para o trámite que se desexe realizar. No caso de existir o dito modelo, se terá por non realizada a presentación por esta vía. Do mesmo xeito, se terá por non realizada a presentación de solicitudes, documentos ou comunicacións dirixidas a órganos ou administracións distintas da Universidade de Vigo.

Cidadanía.

Electronicamente:

A presentación pode facerse dende esta sede electrónica, cumprimentando o documento “alegacións” e aportando a documentación que se estime precisa. 

Presencialmente

Nas Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro de Campus de Vigo, Campus Vigo-Cidade, Campus de Ourense e Campus de Pontevedra.

Pode presentar tamén o seu formulario de alegacións nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Guía rápida de presentación de alegacións en sede

Formulario de alegacións.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O establecido en cada procedemento.

SENTIDO DO SILENCIO

O establecido en cada procedemento.


Volver
Iniciar tramitación