UCAL - Convocatoria Quinquenal para a avaliación da actividade docente do
profesorado por medio do programa Docentia
Descrición
Dirixido a
Poderán solicitar a participación na convocatoria todo o profesorado que imparta docencia nalgún grao ou mestrado dos centros propios da Universidade de Vigo, de acordo co Plan de ordenación docente (POD) e que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria.
Como facelo
Pulse o botón «Iniciar tramitación» visible na marxe superior ou inferior dereito da pantalla.
No apartado «Medios de aviso de notificación», é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
Cubrir o formulario de participación a través da aplicación informática dispoñible en https://www.qdsug.es/docentia/uvi/ (a primeira vez débese premer en “Rexistro de solicitantes” para recibir a clave de acceso por correo electrónico). Unha vez feita a solicitude, a aplicación xerará un documento PDF
Na pestana “Documentación” anexar o formulario de participación en PD
Pulsar o recadro «Si» da venta de «Confirmación de datos» para finalizar o trámite de solicitude.
Si desexa descargar o «Xustificante de rexistro» e comprobar a documentación aportada pulse a pestana «Expedientes» situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
Documentación requirida
O impreso “Solicitude de participación no programa Docentia” que se xera unha vez cuberto o formulario de participación a través da aplicación informática dispoñible en https://www.qdsug.es/docentia/uvi/