headerheader-400header-800
Volver

UCAL - Selección do persoal avaliador para participar nas Comisións de Avaliación do Programa Docentia (PAS/PDI)

O obxectivo da convocatoria é cubrir as vacantes do panel das persoas avaliadoras seleccionando ao profesorado e alumnado que actuará en cada unha das comisións de avaliación existentes no marco do programa Docentia

Poderán solicitar a participación na convocatoria o profesorado e o alumnado de centros propios da Universidade de Vigo

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo na “Convocatoria para a selección do persoal avaliador para participar nas Comisións de Avaliación docente do Programa Docentia”.

A persoa interesada deberá cubrir o documento Anexo I “Solicitude de participación” e achegar, se procede, a documentación xustificativa.

ANEXO I “Solicitude de participación” que deberá vir acompañada, se procede, da documentación xustificativa.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Servizo: Área de Calidade. Teléfono: 986813897. Correo electrónico: seccalidade@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Convocatoria para a selección do persoal avaliador para participar nas Comisións de Avaliación docente do Programa Docentia

 



Volver