headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

VAL - Instancia Valedoría Universitaria (Estudantes)

Calquera membro da comunidade universitaria que considere que se lesionaron os seus dereitos ou intereses lexítimos pola actuación dos órganos de goberno, autoridades académicas ou servizos administrativos da Universidade de Vigo, poderá acudir á Valedora universitaria e solicitar a súa intervención unha vez que se esgotaron as instancias universitarias previstas na lexislación vixente.

Nas queixas ou reclamacións deberán concretarse con suficiente claridade:

a.  os feitos que orixinan a queixa

b.  o motivo e alcance da pretensión que se expón

c.  as xestións realizadas previamente ante a administración universitaria

d.  a petición que se dirixe á Valedora universitaria

Recibida a queixa ou reclamación, nun prazo máximo de 15 días, a Valedora universitaria xustificará o seu recibimento e emitirá contestación motivada respecto de se procede ou non a súa admisión a trámite. En caso de non admisión a trámite, comunicaráselle á persoa interesada a motivación que fundamentou a mesma.

Estudantes.

Sede electrónica ou calquera das oficinas en materia de rexistro da Universidade de Vigo.

Obrigatoria:

  • Instancia Valedoría Universitaria
  • Actuacións que acrediten que están esgotadas as instancias universitarias previstas na lexislación vixente (escritos dirixidos aos órganos universitarios e acordos ou resolucións destes, indicando o nome de cada documento)

Opcional: outra que o interesado considere oportuna (indicando o nome de cada documento)

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

secvaledora@uvigo.es – 986813830 - Valedoría Universitaria

PRAZO DE PRESENTACIÓN

A queixa ou reclamación deberá presentarse no prazo máximo dun mes desde que se esgotaron as instancias universitarias previstas na lexislación vixente

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Non opera

SENTIDO DO SILENCIO

Non opera

NORMATIVA APLICABLE

Estatutos da Universidade de Vigo (artigos 58 a 60)

Regulamento do Valedor ou Valedora universitaria da Universidade de Vigo


Volver
Iniciar tramitación