headerheader-400header-800
Volver

SEXT - Axudas para organizar cursos de extensión universitaria

Solicitude de axudas para organizar cursos de extensión universitaria da Universidade de Vigo no ano 2024.

Comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PAS, PDI, ESTUDANTADO) e deberán pertencer a ditos colectivos ata a finalización do curso do que son responsables.

A presentación de solicitudes supón a realización da totalidade dos seguintes pasos:

1.    A persoa que coordina o obradoiro deberá cumprimentar a solicitude de participación mediante o formulario que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo (Axudas para organizar cursos de extensión universitaria 2024):

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12596

Nota: No apartado do formulario “Achegar ficheiro con toda a documentación” deberá adxuntar o anexo a esta convocatoria debidamente cumprimentado descargado como arquivo pdf.

2.    Xerar o  PDF do formulario de solicitude que será asinado con certificado dixital.

3.    O documento pdf do punto 2 anterior será o que se presentará a través da sede indicando en asunto “Axudas para organizar cursos de extensión 2024”

4.    Deberá dirixirse a:

- Campus de Vigo:  vicerreitoría de Extensión Universitaria.

- Campus de Ourense:  vicerreitoría do campus de Ourense.

- Campus de Pontevedra:  vicerreitoría do campus de Pontevedra.

No caso de que non se celebre en ningún dos campus, dirixirase á vicerreitoría onde a persoa solicitante teña establecido o seu centro de traballo ou de docencia maioritariamente.

5.    Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

Achegar o PDF do formulario de solicitude asinado a través da secretaría virtual.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

- Campus de Vigo: Vicerreitoría de Extensión Universitaria

extension@uvigo.es

- Campus de Ourense: Vicerreitoría do campus de Ourense

vicou@uvigo.es

- Campus de Pontevedra: Vicerreitoría do campus de Pontevedra

vic.pon@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo ata o 2 de abril de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral do 13 de marzo de 2024 pola que se publica a convocatoria de axudas para organizar cursos de extensión da Universidade de Vigo no ano 2024.

FORMULARIOS RELACIONADOS

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/admin/encuesta/edit/12596


Volver