headerheader-400header-800
Volver

UIGUAL - Axudas actividades sensibilización con perspectiva de xénero (PAS/PDI)

O obxecto da presente convocatoria é ofrecer financiamento para a organización de conferencias, xornadas, exposicións ou outras actividades que se promovan desde calquera instancia da Universidade de Vigo que teñan como finalidade contribuír á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios e estean dirixidas fundamentalmente á propia comunidade universitaria ou á sociedade en xeral

Calquera membro da comunidade universitaria.

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo no procedemento Axudas actividades sensibilización con perspectiva de xénero

Formulario de solicitude (Anexo I)

Financiamento ( Anexo II)

Descrición do programa a desenvolver (Indicar os obxectivos e as actuacións concretas con datas e lugar de presentación. Máximo 4 páxinas)

Breve currículo das persoas responsables (debe facer referencia a actividades relacionadas con temas de xénero. Máximo catro páxinas)

Documento acreditativo de ter solicitado, se é o caso, recoñecemento de créditos ECTS á Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

 

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Unidade de Igualdade

986 813 419

igualdade@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte da publicación desta convocatoria ata o 23 de febreiro de 2024.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Tres meses

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio

NORMATIVA APLICABLE

RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE PROCEDE Á CONVOCATORIA DO ANO 2024 DE AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES QUE CONTRIBÚAN Á SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE XÉNERO E Á TRANSMISIÓN DE VALORES IGUALITARIOS NA UNIVERSIDADE DE VIGO



Volver