headerheader-400header-800
Volver

UIGU - Axudas actividades sensibilización con perspectiva de xénero (PAS/PDI)

Este procedemento establece os pasos necesarios para solicitar o financiamento da organización de actividades de sensibilización en materia de xénero e a transmisión de valores igualitarios na Universidade de Vigo

Calquera integrante da comunidade universitaria.

  1. Premer o botón «Iniciar tramitación» visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
  2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificacións, no momento de iniciar o procedemento, unha dirección electrónica válida
  3. Anexar os documentos que corresponda no apartado «Documentación requerida
  4. Pulsar o recadro da ventana “Sí” de confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude
  5. Se desexa descargar o xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
  • Formulario de solicitude (Anexo I)
  • Financiamento (Anexo II)
  • Descrición do programa a desenvolver (Indicar os obxectivos e as actuacións concretas con datas e lugar de presentación. Máximo 4 páxinas)
  • Breve currículo das persoas responsables (debe facer referencia a actividades relacionadas con temas de xénero. Máximo catro páxinas)
  • Documento acreditativo de ter solicitado, se é o caso, recoñecemento de créditos ECTS á Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Unidade de Igualdade

986 813 419

igualdade@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de xaneiro ata o 06 de febreiro de 2026.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Tres meses

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se procede á convocatoria do ano 2026 de axudas para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na Universidade de Vigo

Volver