headerheader-400header-800
Volver

UIGU - Axudas actividades docentes con perspectiva de xénero

O obxecto desta convocatoria é financiar a organización de actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero e que estean dirixidas fundamentalmente ao alumnado de calquera área de coñecemento da Universidade de Vigo.As actividades propostas deben estar vinculadas á práctica docente e contemplar contidos que axuden a incorporar a transversalidade de xénero na formación do alumnado e que impulsen a transmisión de valores igualitarios para a adquisición da súas competencias profesionais e o seu desenvolvemento persoal.

Persoal docente e investigador con docencia asignada no plan de ordenación docente.

  1. Premer o botón «Iniciar tramitación» visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
  2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificacións, no momento de iniciar o procedemento, unha dirección electrónica válida
  3. Anexar os documentos que corresponda no apartado "Documentación requerida"
  4. Pulsar o recadro da ventana “” de confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitud
  5. Se desexa descargar o xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
  • Formulario de solicitude (Anexo I)
  • Financiamento ( Anexo II)
  • Descrición do programa a desenvolver (Indicar os obxectivos e as actuacións concretas con datas e lugar de presentación. Máximo 4 páxinas)
  • Breve currículo das persoas responsables (debe facer referencia a actividades relacionadas con temas de xénero. Máximo catro páxinas)
  • Documento acreditativo de ter solicitado, se é o caso, recoñecemento de créditos ECTS á Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Unidade de Igualdade

986 813 419

igualdade@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 22 de xaneiro ata o 06 de febreiro de 2026.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Tres meses

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se procede á convocatoria do ano 2026 de axudas para a organización de actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero na Universidade de Vigo

Volver