headerheader-400header-800
Volver

SPDI - 8º concurso público para a elaboración de listas de profesorado substituto. Curso 2024-2025

Presentación de solicitude ao proceso selectivo para a elaboración de listas de profesorado substituto (bolsas de emprego) para cubrir necesidades docentes.

Persoas en posesión, como mínimo, do nivel de titulación universitaria indicada na descrición do perfil de cada lista.

Excepcionalmente, cando así se indique na descrición do perfil dunha lista, poderase esixir unha concreta titulación universitaria ou a acreditación dun nivel mínimo de coñecemento dunha determinada lingua estranxeira.

a) EN SECRETARÍA VIRTUAL:

1. Realizar a inscrición no enlace que corresponda:

2. Aboe as taxas, no caso de que non lle corresponda ningunha das modalidades de exención.

b) EN SEDE ELECTRÓNICA:

  1. Pulsar, nesta páxina, o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereito da pantalla.
  2. No punto documentación achegar os PDF ́S cos arquivos indicados no punto de "documentación requirida”.
  3. Pulsar o botón Enviar Solicitude.
  4. Pulsar o recadro «Si» da venda de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
  5. Se desexa descargar o xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereito da súa pantalla.
  • Formulario de inscrición.
  • Documentación identificativa (DNI, NIE, Pasaporte).
  • Copia simple do título universitario.
  • De ser o caso, copia do documento que acredite o coñecemento de idioma esixido.
  • De ser o caso, xustificante que acredite exención ou bonificación de pagamento de taxas.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador

Teléfonos 986 813765 – 986 813421

Correo electrónico: consultapdi@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no DOG.

NORMATIVA APLICABLE

FORMULARIOS RELACIONADOS

Formulario de inscrición

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver